Benvido a Prevencion10.es

Prevencion10.es é un servizo público gratuíto de asesoramento en prevención de riscos laborais, desenvolvido polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Esta plataforma está dirixida a dous grandes colectivos:

  • As empresas de ata 25 traballadores, que poderán realizar a autoavaliación dos seus riscos e cumprir coas obrigacións da Lei de prevención de riscos laborais.
  • Os traballadores autónomos, que poderán coñecer cales son as súas obrigacións e dereitos en materia de prevención de riscos laborais e coordinación de actividades empresariais.

Como podo utilizar Prevencion10.es?

USUARIO
REXISTRADO

  • Quero xestionar a actividade preventiva na miña empresa ou no meu traballo como autónomo.
  • Quero que a plataforma garde os meus datos e documentos con garantías de confidencialidade.
  • Quero poder actualizar, cando os necesite, a miña avaliación de riscos e o resto de documentos.

USUARIO
INVITADO

  • Quero xestionar a actividade preventiva na miña empresa ou no meu traballo como autónomo.
  • Quero usar a plataforma de forma anónima, aínda que non me garde os documentos xerados.
  • Quero imprimir ou gardar os documentos no meu ordenador, aínda que teña que repetir todo o proceso cando desexe actualizalos.

VISITA
VIRTUAL

  • Quero acceder ao titorial que describe, de forma detallada, a maneira de utilizar as distintas ferramentas e funcionalidades existentes en Prevencion10.es.

Prevencion10.es respecta a privacidade e confidencialidade dos datos facilitados sobre a utilización deste servizo.